jueves, 4 de diciembre de 2008

O magosto

Unha das maiores festas galegas é o magosto. O magosto celebrase nos colexios, por exemplo no Ceip. Monte dos Postes. Este ano celebrouse o 14 de novembro. Neste colexio celebrase todos os anos para que alumnos/as e pais o pasen ben comendo as castañas.

A castaña é o froito do castiñeiro. O castiñeiro é unha árbore de recemento relativamente lento, moi abudante nas provincias de Lugo e Ourense e, en xeral en todo o Norte de España. Nutritiva e sabrosa do tamaño dunha noz está cuberta dunha casca delgada pero resistente de cor marrón oscuro. O magosto é a festa de exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. Esta festa celébrase reunindose os asistentes para asa-las castañas e seguidamente come-las, xogar, bailar, cantar, contar contos, etc.

Aquí vai unha pequena mostra do que se pode facer coas castañas:

ROSCA DE CASTAÑAS

1 kg de castañas, 2 onzas de chocolate amargo, 2 iemas de ovo, 750 grs. de azucre, 1 vaso e medio de auga.

Faise unha pasta cocendo as castañas e pasándoas por tamiz. Nun cazo prepárase un almibar coa auga e o azucre. Cando estea, retírase un vaso e cocénse no resto as castañas ata que se vexa consistente. Con esta masa fórmase unha rosca. No centro da mesma vertemos unha salsa feita co vaso de almibar, as iemas e o chocolate amargo. Para face-la salsa deneremos remover sempre para o mesmo lado e seguir ata que enfríe un pouco.

E

BO PROVEITO ¡QUE RICO!

Manuel F.F. e Laura B.M.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

si o magosto e xenial

Anónimo dijo...

A mi me encantan las castañas.

Anónimo dijo...

fue muy divertido el magosto

Anónimo dijo...

ami me gustan las castañas mucho yo estaba en el magosto .


chaooooo